
Según nos acaba de informar un seguidor de Nuria, Alexinho, hoy retransmiten por la televisión gallega el Festival Do Landro, en el que participa Nuria como invitada. Este canal puede verse a través de intenet (www.tvg.es).
Esta noite a Televisión de Galicia ofrece unha nova edición da final do Festival da Canción do Landro que terá lugar, un ano máis, na Praza Maior de Viveiro. O Festival ofrece dúas modalidades ou categorías para os participantes, a de mellor interpretación e a de mellor canción galega.
Ademais das actuacións dos participantes tamén subirán ao escenario os gañadores anteriores do festival e outros convidados e artistas. A creatividade e o bo facer no escenario son armas imprescindibles para gañar o festival que serve de plataforma para moitas promesas do panorama musical que están desexando introducirse no mundo artístico e darse a coñecer no ámbito nacional. Televisión de Galicia